Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O próximo sábado 22 de abril, no noso local social do lugar de Outes, a nosa Asociación organiza unha comida (mexilóns e polvo) para celebrar a saída da nosa revista nº 38.
Se desexades acudir debes apuntarvos neste enderezo electrónico ou no teléfono 634416574 antes das 10 da noite do venres, 14 de abril, indicando se ides asistir con algún acompañante. O precio por persoa vai estar en torno aos 15 € (menores de 18 a metade e menores de 14, 3 €).
Se alguén non pode acudir á comida, pero lle interesa asistir á presentación da revista, esta farase aos postres (5 da tarde aproximadamente) e todos/as estades invitados/as a tomar un café con nós.
En todo caso recibide un afectuoso saúdo.
Xoán X. Mariño