Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Actividade

     Xoan Mariño      18/03/2017

Prezados/as socios/as de Terra de Outes: O vindeiro sábado, 18 de marzo de 2017, en colaboración con a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (Melisa), o Club de Atletismo Outes e as Revoltas Ciclistas de Outes, a nosa Asociación organiza unha actividade para cartografiar e documentar o patrimonio de Outes. A actividade vai estar dirixida por Rafael Ávila, membro do Equipo Humanitario de OpenStreetMap (HOT) e da OpenStreetMap Foundation (OSM Foundation) e colaborador de proxectos humanitarios como o tifón Haiyán de Filipinas, importacións de datos en Nixeria, República Centroafricana, crise do Ébola, terremoto do Nepal, escolas de Uganda, estradas de Tanzania, hospitáis, fontes e potabilización de auga, erradicación de polio, malaria, etc. En arquivo adxunto remítese o Programa da actividade que comenzará ás 13 h. no Centro Náutico do Freixo cunha sesión teórica; seguido dun xantar no bar Berberecho, e un paseo práctico pola tarde para rematar con algo de traballo de gabinete na aula do centro náutico Francisco Rama, para o cal se necesita un teléfono móbil intelixente co software que se detalla no documento achegado

Esta actividade está deseñada para un máximo de 20 persoas e a admisión farase por orde inscripción no enderezo electrónico de Ricardo Rodríguez, socio encargada nesta ocasión de organizar esta actividade: 
ricardo.julio.rodriguez.fernandez@gmail.com

 
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terrra de Outes

 

 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574