Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Cross de Broña

     Xoan Mariño      18/09/2016
Ver noticia

O vindeirodomingo 18 de setembro celebrarase na Praia de Broña, concello de Outes, a XII edición do seu Cross de Verán en cuxa organización participa Terra de Outes. . Ás 10:30 darase a saída da proba principal, na que se poderá optar por completar o recorrido máis longo que por primeira vez acada os 10.000 metros, ou un circuito menos esixente por lonxitude e trazado de 5.500 metros.

Desde o nacemento da proba se teñen mantido inalterables os dous obxectivos principais: achegar o deporte a tanta xente como sea posible e dar a coñecer o entorno da Praia de Broña, de gran valor paisaxístico, xeográfico e natural.

 

Ás carreiras deseñadas para tódalas idades, desde os máis pequeniños, pitufos, hasta os máis veteranos, sen límite de idade, engádese este ao unha andaina de 3.500 metros pola "Ruta dos carpinteiros cos pes mollados", guiada por Santiago Llovo. Santiago é autor de varios libros sobre a historia da industria vencellada ao mar na Ría de Muros e Noia. No pasado mes de agosto presentou a súa nova obra, Mar de Outes, sobre os talleres de carpintería de ribeira do Concello de Outes.

 

Haberá premios na xeral dos 5.500 metros para os tres primeiros e para as tres primeiras e na de 10.00 metros ademáis dos mismos para as distintas categorías. As distancias dos máis pequenos irán dos 100 ata os 3.000 metros e tamén haberá premios para os tres primeiros e tres primeiras de cada categoría, así como medallas para tódolos participantes das categorías de menor idade. Asemade distinguirase aos participantes masculino e femenino de menor e maior idade e se sortearán unha estancia nas Cabaniñas do Bosque de Broña e un paseo en barco pola Ría de Muros e Noia e Esteiro do Río Tambre.

 

Completan a oferta dous intersantes obradoiros que nos prepararán para saber actuar no caso de emerxencia por fallo cardíaco (obradorio sobre reanimación cardio-pulmonar e desfibrilación semiautomática, RCP/DESA) e achegarán a técnicas de avaliación da condición física (obradoiro de dinamometría).

 

Contamos desde xa co entusiasmo de tódalas persoas que ano tras ano se achegan a disfrutar do cross en Broña. Nesta edición ampliamos a oferta para que máis persoas poda achegarse á nosa paixón: a práctica do deporte da carreira e o paseo, por pistas, carreiros ou praias. Deporte e actividade física para tódalas persoas, sexa cal sexa a súa idade e condición física. E, sobre todo, diversión e disfrute dun medio privilexiado que queremos coñecer e enteder millor para conservar a súa esencia.

Tódalas actividades, agás o xantar a dispor para tódalas personas interesadas nunha carpa/pulpeira instalada no piñeiral, serán de balde.

 

 

Cos millores desexos para unha xornda divertida e agradecendo a vosa colaboración, atentamente,

Ricardo Rodríguez, representante de Terra de Outes na organización




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574