Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Encontro de poetas en Idioma Galego

     PROGRAMA      10/07/2016
Ver noticia

Máis unha vez regresamos co \"Encontro de poetas en Idioma Galego\". Este ano as entidades organizadoras/colaboradoras son Terra de Outes, A Lanzadeira de Alcor e o Concello de Outes. Trasladamos o acto de Noia a Outes, xa que, consideramos, a contorna na que terá lugar permítenos ampliar o número de actividades. As actividades serán abertas ao público en xeral, libres e gratuítas e non é preciso estar anotado... agás no recital (reservado exclusivamente para os poetas que teñan confirmado previamente a súa asistencia). En dito recital o público poderá acceder libre e gratuitamente até encher aforo.

 

Hastag: #encontropoetas2016 Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/1067321773361260/

PROGRAMA: Mañá: 11:00 - Recibimento dos poetas e público na Carballeira de detrás da Casa da Cultura. 11:30 - Roteiro de Francisco Añón (1 hora aprox.): paseo pola Serra de Outes visitando a casa e lugares relacionados co poeta e coa súa obra. O escritor e filólogo Ramón Blanco fará de guía. 12:30 - Entrega floral na estatua de Francisco Añón. 12:45 -Foliada, na carballeira, a cargo do Grupo de gaitas do Concello de Outes. 13:00 - Xantar popular, ao ar libre, na carballeira (cada quen terá que traer a súa comida). Tarde: 15:30 - Confirmación na mesa (e ficha) dos poetas asistentes. 15:45 - Apertura do posto da Libraría Poeta Añón 15:55 - Foto de grupo (poetas participantes) 16:00 - Himno Galego. 16:05 - Intervención dos representantes das entidades organizadoras. 16:30 - Macrorrecital poético. -Bloque 1 -Actuación musical a cargo de Manuel Mariño -Bloque 2 -Actuación musical a cargo de Xastre -Bloque 3 -Actuación: Ai-El-Ela Pandereteiras Despedida e peche. NOTA: En caso de choiva ou mal tempo, o xantar e foliada e, incluso o recital poderán ser trasladados a onde a organización considere adecuado (Pavillón municipal) Cada poeta disporá do tempo necesario para ler 2 ou 3 poemas, cun máximo de 6 minutos. O público en xeral non precisa confirmar asistencia, e poderá participar no roteiro, no xantar, na foliada, entrega floral, así como de oínte no recital. Os poetas que desexen participar no recital deberán confirmar previamente a súa asistencia (falando con nós a través dos comentarios neste mesmo evento de Facebook, ou enviando unha mensaxe privada aos organizadores). Este acto carece de ánimo de lucro e realízase coa única finalidade de promover a poesía feita en idioma galego, así como a de pór en contacto e debate ás distintas faces do Sistema Literario Galego (SLG). Ningún dos participantes ao mesmo, nin tampouco os organizadores, cobrará absolutamente nada. Facemos isto de xeito altruísta e desinteresado. Fóra deste punto pode quedar \"aquilo\" que o Concello de Outes considere conveniente para o ben transcorrer do acto: montaxe de mesas, luces e son, infraestrutura, grupo de gaitas municipal, etc. Por cuestións loxísticas non se facilitará, nin se dará a coñecer, a lista dos poetas participantes no evento até o mesmo día e \"in situ\". Agardámosvos a todos e a todas!! Agradécese difusión!!




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574