Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

VIII Muiñada e I Xuntanza embarcacións tradicionais Ría de Muros e Noia

     Xoan Mariño      14/05/2016
Ver noticia

I XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DA RÍA DE MUROS E NOIA que celebraremos os días 14 e 15 de maio no Freixo en paralelo/formando parte das actividades de celebración da Semana das Letras Galegas. É un adianto para ir facendo boca pero falta por incorporar as actividades máis relacionadas coas Letras. Lembrámosvos que se queredes navegar nas nosas embarcacións, tanto agora como o resto do ano, é conveniente que fagades o "cartón de navegante", un seguro que cobre calquera accidente que se poida producir nunha embarcación de lecer. A quen o fixera o ano pasado para participar no curso de vela, lembrámoslle que caducou o 30 de abril, polo que sería necesario renovalo. O custo é de 10€ (5€ para menores de idade) e é anual (de 1 de abril de 2016 a 31 de marzo de 2017 independentemente de cando se faga). De estar interesados tedes que mandarnos o nome completo e o DNI. A xestión faise o venres de cada semana, polo que nós temos que ter os datos o xoves anterior ao día en que queredes que comece a ter validez. Animádevos que o verán está ás portas e é un pracer disfrutalo desde o mar. Contamos con vós para a celebración e para que o difundades entre as vosas amistades.




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574