Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Cea de Nadal

     Xoan Mariño      19/12/2015

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
sábado, 19 de decembro, a nosa Asociación vai celebrar a súa tradicional cea de Nadal no restaurante Areal, pero o menú aínda está por concertar, a ver que nos poden poñer por 30 € por cabeza.
Se estás interesado/a, comunícanos a túa asistencia (e se vas vir acompañado/a) antes das 22 horas do martes, 15 de decembro, así como a túa (ou vosa, se hai acompañante) preferencia polo peixe ou a carne no prato principal.
Se non vos fose posible acudir, recibide, en todo caso, os nosos mellores desexos para o vindeiro ano e que teñades un Feliz Nadal.
Unha afectuosa aperta de:
Xoán X. Mariño.
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574