Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Muiñada

     Xoan Mariño      30/07/2015
Ver noticia

 Prezados socios e socias:

O próximo xoves 30 de xullo, comenzan as Xornadas de Exaltación do Patrimonio Cultural que a nosa Asociación ven organizando hai xa 7 anos baixo a denominación de "Muiñada", que nesta ocasión, con motivo do X aniversario de Terra de Outes, adicamos ao Asociacionismo, con participación de asociacións de diverso tipo tanto da nosa localidade como do Barbanza e cuxo programa envío en arquivo adxunto.
No desenvolvemento das mesmas incluímos dous desprazamentos, ambos guiados: un a Noia, para visitar o Museo do Mar e o Museo das Laudas de Sta. María a Nova. O outro ao Monte Pindo, onde os/as asistentes, ademais de recibir explicacións por parte dun representante da Asociación Monte Pindo Parque Natural, xantarán, cada un/unha a comida que leve. 
Mais ambas excursións deben contar cun mínimo de asistentes: a Noia, polo menos 10 persoas que viaxarán en vehículos particulares e a do Monte Pindo realizarase en autobús e como cada viaxeiro ten que aboar 10 € (menores de idade 5€), débense reunir polo menos 25 persoas que viaxen no autocar.  De non xuntarse este mínimo, unha ou/e outra excursións se suspenderían, así como polo mal tempo no 2º caso.
O prazo para apuntarse ás saídas remata o mesmo día do comenzo das xornadas, o xoves, 30 de xullo.
Agardando contar coa vosa presenza nesta nova Muiñada, mándavos un cordial saúdo
Xoán X. Mariño.

Presidente da ACC Terra de Outes

 

PROGRAMA

 

 XOVES, 30 XULLO

 

§      19.30 h.: Conferencia:A Asociación Cultural Barbantia. Por Antón Riveiro Coello, escritor e fundador de Barbantia.

§    20.00h.: Conferencia:As Agrupacións pola Memoria Histórica. Por Xoán Carlos Hermida, profesor de Xeografía e Historia e membro da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Barbanza.

 

VENRES, 31 XULLO

 

§     19.30h.: Conferencia:A formación da Asociación Turística Comarcal  Muros-Noia. Por Soledad Agra, secretaria da ATR Muros-Noia.

§    20.00h.: Conferencia:Un exemplo de asociacionismo veciñal: a A.VV. Sueiro de S. Lourenzo. Por Emilia Insua Antelo, presidenta da A.VV. Sueiro e Soledad Perol, secretaria.

 

SÁBADO, 1 AGOSTO

 

§   10.30h.: Visita guiada ao Museo do Mar de Noia

§   12.00h.: Visita ao Museo das Laudas de Sta Mª a Nova de Noia, coa guía de Xepe Torres, arqueólogo que dirixiu as excavacións no cemiterio noiés.

§    18.30h.: Inauguración da exposición “ACC Terra de Outes: 10 anos de activismo cívico e cultural”.

§    19.00h.: Conferencia: A Asociación de Pais e Nais do CEIP da Serra. Por Marisol Lago, presidenta da ANPA da Serra.

§    19.30h.: Conferencia: As Asociacións xuvenís galegas. Por Daniel Paradela, estudante universitario e membro da A.X.  Harar de Noia.

§   20.00h.: Conferencia:Un caso de asociacionismo de discapacitados: ADISBISMUR. Por o presidente da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros.

§  20.30h.: Mesa redonda: Asociacionismo: apoios institucionais e trabas administrativas. Con representantes de todas as asociacións participantes e Xosé Regueira Varela, novo Deputado de Cultura da Deputación da Coruña.

 

DOMINGO, 2 AGOSTO

 

§   10.30h.: Subida ao Monte Pindo, acompañados por Mario Maceiras, presidente  da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

 

 

 

 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574