Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Asemblea Xeral EXTRORDINARIA

     Xoan Mariño      09/10/2014

Estimadas socias e socios:

 

 

Pola presente convocámosvos á vindeira Asemblea Xeral EXTRORDINARIA da nosa asociación, que terá lugar o sábado 18 de outubro de 2014, ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e 12:30 horas, en segunda convocatoria. A asemblea terá lugar no noso local social de Outes (lugar de Outes), coa seguinte orde do día:

 

Punto 1º.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

 

Punto 2º.- Elección da nova Xunta Directiva (despois da presentación de candidaturas, que se fará ata ese mesmo día).

 

Unha vez rematada a asemblea, xantaremos alí mesmo unha paella,ás 14:00 horas. Para acudir ao xantar é preciso que confirmedes a vosa asistencia –e digades se ides traer acompañante/s– antes das 22:00 horas do xoves, 16 de outubro, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com . O prezo por persoa estará arredor dos 10 € (menores de 18 metade de prezo e menores de 10 anos 1 €).

 

Se acaso vos fose imposible asistir á comida, pero non tedes impedimento para asistir á presentación do nº 28 da revista Terra de Outes, esta terá lugar despois do xantar, aproximadamente ás 17:00 horas, no mesmo local, onde estades todos/as invitados/as a tomar un café.

 

Despídese atentamente

 

                                                                     O Presidente

 

 

 

                                                                   Xoán Xosé Mariño Reino




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574