Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Manifestación na Alameda de Noia

     Xoan Mariño      04/03/2023
Ver noticia

Prezados/as socios e socias:
A Xunta Directiva de Terra de Outes acordou na súa reunión do pasado venres acudir a chamamento da Cofaría de Pescores e Mariscadores de Noia no que : «Convidamos a todo tipo de colectivos a que deixen clara a súa postura. Asociacións, clubs deportivos, comerciantes e cidadanía en xeral. Queremos que estean presentes  na manifestación convocada o próximo 4 de marzo para mostrar a nosa oposición á autorización de verquidos de aguas residuales procedentes da mina de San Finx cun sistema de tratamento que non cumpre cos parámetros mínimos que figuran nas normas de calidade ambiental ".
Polo que unanimemente aprobamos invitar a todos os nosos asociados e asociadas a que mostren a súa total oposición a esta resolución que afecta a bancos marisqueiros dos que viven máis de 1.700 personas acudindo o próximo sábado 4 de marzo á manifestación convocada ás 11 da mañá na Alameda de Noia.
 
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574