Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Grupo de teatro afeccionado

     Xoan Mariño      01/02/2023
Ver noticia

Prezados socios/as e colaboradores/as deTerra de Outes:

 

Na asemblea anual celebrada o pasado día 20 de xaneiro, dous socios propuxeron a creación dun grupo de teatro afeccionado, proposta que foi recibida con sumo interese por parte de tódolos asistentes.

 

Polo que, para poñer en marcha a idea, que desde a directiva da Asociación cremos que contribúe a dinamizar vigorosamente a vida cultural do noso concello, animamos a tódolos socios, socias e colaboradores a participar nesta iniciativa tan atractiva como esperanzadora: necesítanse non só actores e actrices, senón tamén persoas que axuden coa maquillaxe, iluminación, son, vestiario, tramoias...

 

Calquera que queira ser participe deste noso novo proxecto que se poña en contacto con Xoán Mariño no tfno 634416574 ou de Carlos Outeiral, no 609437908, ou neste mesmo correo electrónico, nun prazo non máis alá de 15 días para que a primeiros de marzo se poidan empezar a ter as primeiras reunións preparatorias da obra a representar.

 

 

Un cordial saúdo

Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574