Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Balance anual

     Xoan Mariño      26/01/2023
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
En arquivo adxunto remito copia do balance anual presentado polo tesoureiro Kiko Vidal á asemblea anual de socios e aprobado por unanimidade.
Na mesma presentación de contas, a Xunta Directiva quixo facer unha aclaración:
a contía da subvención concedida polo Concello de Outes (3.000 €) non se refrexa no balance porque foi comunicada oficialmente á Asociación con data de xaneiro deste ano, xa pechadas as contas do ano anterior, polo que o tesoureiro non considerou convinte incluír tal cantidade na contabilidade do 2022.
A efectos económicos do saldo final o déficit non vai ser dos 3.308,59 € que figuran alí, senón só 308,59, unha vez que recibamos nos próximos días a subvención concedida polo Concello, que o tesoureiro refrexará nas contas do 2023.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574