Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Entrega dos XV PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2021

     Xoan Mariño      18/12/2021
Ver noticia

  Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Se estades interesados en asistir á entrega dos XV PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2021 que se vai celebrar na Casa de Cultura do Concello de Outes o sábado, 18 de decembro de 2021, ás 12.30 h. así como á presentación do décimo sétimo volume Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza e o suplemento cultural 170 A Voz de Barbantia, que terá lugar ese mesmo día, é necesario que vos inscribades previamente en barbantia@barbantia.es do 11 ao 17 de decembro, indicando no corpo do correo e para todas as persoas para quen se solicita: nome completo, apelidos e teléfono.
Un cordial saúdo e felices festas
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574