Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Nova

     Xoan Mariño      03/02/2021
Ver noticia

Prezadas socias e socios de Terra de Outes:
Durante toda a existencia da nosa revista (que pronto cumprirá os 14 anos), o exemplar de xaneiro soíamos presentalo na sobremesa da comida que seguía sempre á nosa asemblea anual de xaneiro.
Dado que nesta ocasión, polas circunstancias excepcionais que estamos vivindo, non puidemos levar a cabo a citada asemblea, a presentación da revista, toda vez que non quixemos faltar á nosa cita cos lectores, debeu ser virtual.
Se a alguén lle apetece vela, ou non tén outra cousa que facer no tempo de confinamento, mándovos aquó o enlace onde podedes acceder á gravación realizada polo noso socio Vicente Abelleira, que decidiu adornala cunha canción do disco En clave de Ja co que nos agasallou o grupo A Tajea que nesta ocasión entrevistamos para as nosas páxinas centrais. O enlace é:   https://youtu.be/TlNpt8dtu-c
Esta revista está xa á vosa disposición nos lugares habituais de venda da Serra de Outes e Noia. Pero o seu contido tamén está accesible, para os que non vos poidades desprazar, na nosa páxina WEB: www.terradeoutes.com
un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente en funcións da ACC Terra de Outes

 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574