Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Cursos de Iniciación á Fotografía

     Xoan Mariño      21/01/2020
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:

Un  fotógrafo de Lousame chamado Agostiño Iglesias, que habitualmente colabora coa Voz de Galicia en Ourense, ofrécenos un cursos de Iniciación á Fotografía, que vos pode interesar. O prezo deste curso é de 50 €/mes, pero para os socios de Terra de Outes, quedaría en 40 €/mes, coa condición de formar un grupo mínimo de 10 persoas .

En arquivo adxunto remítovos as condicións e mais o programa.

É preciso que, se vos interesa, vos apuntedes antes dunha semana.

Xoán Mariño

Presidente de Terra de Outes

 

 
 
 
 
 




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574