Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Evento

     Xoan Mariño      24/12/2019

Prezados/as socios/as de Terra de Outes:
O 24 de novembro celébrase o 109 aniversario da Asociación Civil Unión Residentes de Outes en Buenos Aires e as festas de fin de ano e desde alí, Mirta Gosende (membro da súa Xunta directiva) pídenos se alguén de Terra de Outes podería achegar unha mensaxe de saúdo (texto, audio, vídeos...) para os socios e amigos para logo proxectalo na pantalla. Tamén lle pediu ao alcade, Manolo González o mesmo.
 
O noso secretario Ramón Blanco vailles mandar un pequeno vídeo saudándoos. Pero estaría ben que socios e socias envien algunha mensaxe de agarimo. Pódenselle mandar ao correo de Ramón (ramondelola@yahoo.es) e despois el xa o remite para Mirta.
 
Ela pídenos que lle mandemos isto ata o día 20 de novembro, para poder ela organizar despois o material.
 
Saúdos.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574