Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Lacoada

     Xoan Mariño      02/03/2019
Ver noticia

Prezado/as socio/as de Terra de Outes:

Como todos os anos, ao comezo do Entroido, a ACC Terra de Outes celebra unha lacoada, para todos os socios/as, á cal están tamén invitados os familiares e amigos/as dos que calquera socio/a desexe vir acompañado, coa condición de apuntarse para a mesma con catro días de antelación, para saber coa maior exactitude posible a cantidade de carne que vai ser necesario desalar.

A lacoada vai ter lugar o sábado 2 de marzo ás 21 horas nun restaurante de Outes aínda por determinar, pero cómpre que confirmes a túa asistencia –e nos digas se vas traer acompañante/s– antes das 21 h. do martes 26 de febrero, no teléfono 634 416 574 ou no enderezo electrónico terradeoutes@gmail.com.

      Un cordial saúdo                    

                                                    Xoán X. Mariño

                                    Presidente da A. C.-C. TERRA DE OUTES

                                                      Outes, 14 de febreiro de 2019




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574