Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago

     Xoan Mariño      09/01/2019
Ver noticia

Rezados amigos/as de Terra de Outes:

Como xa saberedes, dende o 12 de Novembro, os/as traballadores/as de todos os colectivos do Servizo de Urxencias do H. Clínico, están en folga, ante o nulo ou escaso recoñecemento (tanto por parte da Xerencia como da Consellería de Sanidade) das súas reivindicacións, que non son máis que a procura de calidade na atención e a dignificación para os/as usuarios/as do servizo.

No marco desta loita, hai convocada unha Manifestación do persoal do Servizo de Urxencias do H. Clínico de Santiago, para este mércores 9 de Xaneiro, que partirá ás 19 horas dende a Praza Roxa ata a Praza de Praterías.

Pola importancia que este servizo ten para todos e todas nós, a ACC Terra de Outes invítavos  a participar nesta manifestación.

 

Xoán X. Mariño

Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574