Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Nova da Asociación

     Xoan Mariño      10/11/2018
Ver noticia

Prezados/as socios e socias de Terra de Outes
Recentemente a nosa Asociación veu incrementada a súa flota de embarcacións tradicionais con outras dúas naves  (unha buceta e unha dorna) que nos foron doadas por uns particulares.
Posto que temos que rexistralas, debemos escoller un nome para poñerlle a cada unha delas, polo que imos levar adiante un inquérito entre os socios/as  de Terra de Outes para averiguar cales son os que gustan máis á maioría.
Así que en primeiro lugar, abrímos un prazo ata final de mes para recibir propostas e logo se pasarán a todos os socios/as para que no lapso de unha semana voten polos súas denominacións preferidas. Se houbese empate, faríase unha nova votación entre as máis votadas.
Se tes algún nome que consideres deberían levar ou che gustaría que levasen os nosos novos barquiños de vela, fáinolo saber antes de que acabe novembro.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente de Terra de Outes.




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574