Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Exposición

     Xoan Mariño      28/09/2018
Ver noticia

Prezados amigos e amigas de Terra de Outes:

O venres 28 de setembro ás 7 da tarde a nosa Asociación  inaugura na Casa da Cultura da Serra unha exposición a de esculturas e reves do artista ranxeiro Che Tembra, que se poderá visitar ata o 28 de outubro; no acto intervirán Xoán Mariño, presidente da Asociación organizadora da mostra,  e mailo propio autor,  referente na plasmación da Memoria Histórical na escultura barbancesa.

Ao remate do acto tomaremos na cafetería da Casa da Cultura un viño e uns pinchos co artista, para o cal vos remito un convite a todos/as en arquivo adxunto.
 
 
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
 
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574