Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Invitación a participar nas Brigadas deseucaliptizadoras no Monte de Froxán

     Xoan Mariño      21/04/2018
Ver noticia

Prezados socios/as de Terra de Outes:

A Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins e  Verdegaia  mándannos unha invitación a participar nas Brigadas deseucaliptizadoras  unha grande roga e albaroque deseucaliptizador, pois aínda que xa non é época para plantar, sí  se pode machacar eucalipto.

 

 

O próximo día 21 de abril  estas brigadas, lanzan unha iniciativa de voluntariado ambiental, no Monte de Froxán, para machacar manualmente rebrotes de eucalipto nas zonas restauradas grazas ao crowdfunding e noutros hábitats naturais de interese das proximidades. E quérennos convidar a compartir esa xornada con eles

 

A cita é en Froxán [link ao final] ás 10 da mañá e comezarán os traballos ás 10:30. É indispensábel que confirmedes a vosa participación ata, como moi tarde, o día 16 á noite, pois precísase comprar a comida do albaroque para todas e asegurar que teremos suficiente ferramenta para todo o mundo. Agradecen que, se vos anotades, vos comprometades a ir, pois do contrario estarán malgastando comida e recursos.

 

Anuncian o que teñen no alabaroque, por se alguén con restriccións ou preferencias alimentarias precisa traer da casa unha comida distinta (poden encomentar bocatas para veganos se se avisa con tempo):

 

- Empadas de atún

- Tortillas de patacas e vexetais

- Salada rusa

- Rosca, froita, café e insusións

- Auga e viño

 

A xornada será de mañá e tarde, e manterase de calquera xeito en caso de choiva (aínda que é conveniente que se leve roupa e calzado apropiado). Desde a organización fornecerán luvas ademais de ferramenta, aínda que se pode levar a  propia se se prefire. Para apuntarvos, basta con escribir a brigadas@verdegaia.org ou colunasanfins@gmail.com

 

LINK (google maps):

 

Un sáudo

Xoan Mariño

Presidente de Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574