Novas de interese - Terra de Outes


Detalle da nova:

Escolle un proxecto

     Xoan Mariño      18/03/2018
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
Desde a Comunidade de Conservación de Froxán (Lousame) pídennos un favor:
Este dia 9 comezou o prazo para votar os 14 proxectos pré-seleccionados (dentre 150 de todo o mundo) pola European Outdoor Conservation Association para apoiar iniciativas de conservación da natureza.

Dentre eles, e pola primeira vez, hai un proxecto galego, que non é outro que o de Froxán. Se conseguen gañar, poden (e con eles a nosa Terra) dar un paso de xigante substituindo 20 hectáreas de eucalipto e acadia por árbores frondosas autóctonas e dando continuidade ao seu "crowdfunding."
 
Para votar non tendes máis que entrar nesta web:
 

 
Ou nesta, co link abreviado:  http://bit.do/froxan
 
E escoller o seu proxecto “10,000 native trees for Froxán Community”.  Non é necesario rexistrarse e faise en 2 segundos (non fai falta meter o email):


1. Clicar en "Vote Now" ao pe do proxecto de Froxán
2. Marcar "I have read and understand the Terms & Conditions"

3. Facer click en "Cast your vote"
 
Agradecen moito a nosa axuda para conseguir o máximo número de apoios entre as nosas redes e entre os nosos contactos, pois iso tamén axuda a visibilizar o traballo que veñen facendo entre todas estes últimos meses.
 
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes




Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574