Novas de interese - Terra de Outes


Listado de novas:


Dende 1 ata 6 de 156 elementos

12 3 4 5 6 7 8 9   ... 26 Seguinte >>

Centenario do manifesto Máis alá, de Manuel Antonio,

Xoan Mariño - 17/06/2022
Ver noticia

Prezados amigos e amigas de Terra de Outes:
En adxunto remítovos a invitación  para o acto do venres, 17 de xuño no que presentaremos o  libro deRicardo Losada O Rosario e a buguina. e co que queremos conmemorar o centenario do manifesto Máis alá, de Manuel Antonio, en torno ao que xira este libro. Se vos apetece asisti, ao remate tomaremos uns viños (ou rerescos) e uns pinchos alí mesmo.
Un saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
 
 
 
 
 
[...]
      Ler máis...

Acto

Xoan Mariño - 10/06/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
En adxunto remítovos a invitación  para o acto do venres, 10 de xuño no que presentaremos o  libro de Francisco Abeijón A illa da Creba. un baldío comunal, por se vos apetece asistir.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Presentación novo libro

Xoan Mariño - 23/05/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O noso socio Manel Monteagudo presenta a próxima semana o seu novo libro no Liceo de Noia. En adxunto remítovos a invitación ao acto, de entrada libre, por se vos apetece asistir.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Presentación novo número de revista Terra de Outes

Xoan Mariño - 16/04/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
O próximo sábado, 16 de abril, no noso local social do Cruceiro de Roo, ás 12.30 da mediodía presentaremos o novo número da revista Terra de Outes. Para celebralo, durante a presentación, serviranse uns pinchos que acompañaremos con viño (ou no seu defecto, refresco). Se andades por aquí, estades convidados.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Acto pola memoria hístorica

Xoan Mariño - 14/04/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:
un ano máis a comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convaca un acto para commemorar o 14 de abril. Vai ser, de novo, no Confurco (Lousame), ao pé do monumento ás vítimas do franquismo.Se vos interesa, este acto, co que se quere lembrar os valores republicanos e dignificar ás vítimas da represión franquista, vai ser ás 6 da tarde.
Un cordial saúdo
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
      Ler máis...

Homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos

Xoan Mariño - 19/03/2022
Ver noticia

Prezados socios e socias de Terra de Outes:

 
Soledad Agra Tuñas, en representación do BNG de Muros-Noia fíxonos chegar unha invitación para unha homenaxe ao poeta Avilés de Taramancos, con ocasión do 30 aniversario do seu pasamento, que esa organización vai realizar o próximo sábado 19 de marzo, no claustro do concello de Noia, de 12 a 13 horas.
Adxunto o programa, por se a alguen de vós lle interesa asistir.
Xoán Mariño
presidente da asociación Terra de Outes
 
[...]
      Ler máis...


12 3 4 5 6 7 8 9   ... 26 Seguinte >>


Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574