Listado de novas:
Churrascada de verán
Xoán X. Mariño - 22/07/2023
|
|
Boa tarde. O vindeiro 22 de xullo imos celebrar a tradicional churrascada de verán no merendeiro que a Sociedade Liceo de Noia ten en Ceilán. @s interesad@s en asistir deberán comunicalo antes do día 18 de xullo respondendo a este correo.
[...]
|
Ler máis...
|
|

CHURRASCADA 2023 E PRESENTACIÓN DO NÚMERO 62 DA REVISTA
Xoán X. Mariño - 22/07/2023
|
|
CHURRASCADA 2023 E PRESENTACIÓN DO NÚMERO 62 DA REVISTA
Como xa se comunicou é o día 22 de xullo e o prazo para anotarse é ata o 18.
O lugar de celebración é no local que a sociedade Liceo de Noia ten en Seilán a
beira do río Tambre. No desvío que vai cara a Pontenafonso pola entrada norte
(Outes) hai unha indicación no lado dereito da estrada.
Pódese chegar a partir das 12:30 ata as 14:30 que xantaremos, é bó que alguén
vaia un pouco cedo para botar unha man nos preparativos.
Ao rematar co café, aproximadamente ás 17 horas, presentarase a revista,
obviamente calquera pode ir a este acto sen necesidade de participar no xantar.
Págase a escote segundo os gastos, o prezo ha de andar entre 15 e 20 euros,
habitualmente facemos unha rebaixa para os nenos e nenas.
O evento ten un carácter festivo e de convivencia entre os asociados e
asociadas, e tamén cultural: a presentación da revista, de periodicidade trimestral que
é un dos logros máis salientables da nosa asociaciación. A xornada serve de acto de
recoñecemneto ao traballo de quen fai posible a súa puntual edición.
[...]
|
Ler máis...
|
|

Asamblea xeral extraordinaria
Xoan Mariño - 22/04/2023
|
|
Prezados/as socios e socias de Terra de Outes:
Rematado o prazo para a presentación de candidaturas para formar parte da Xunta Directiva da Asociación Terra de Outes a elexir na próxima Asemblea Xeral extraordinaria do día día 22 de abril do presente ano, a única presentada en forma é a integrada por:
Jesús Mato Vilas como Presidente; M.ª Dolores Pena Pena, como Vicepresidenta; José Manuel Orodea Santamaría, como Secretario; Enrique Vidal Romay, como Tesoureiro; e Domingo Campos Alborés, Amaro Bravo Rodríguez e Alberto Martínez Pintos, como Vogais.
Para os socios e socias que non lles sexa posible asistir, remito en arquivo adxunto un modelo de delegación de voto para quen desexe exercer o seu dereito a sufraxio e que debe ser presentado antes da celebración de dita Asemblea en primeira convocatoria diante do secretario da Asociación, ben por correo electrónico, ben por escrito pola persoa en quen se delega o voto.
Rematada a asemblea procederemos a inaugurar a biblioteca de Terra de Outes e alí presentaremos o novo número da nosa revista, que celebraremos cuns pinchos e uns viños aos que están convidados todos/as os/as que desexen asistir á mesma.
Un cordial saúdo
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Asemblea xeral ordinaria
Xoan Mariño - 22/04/2023
|
|
O proceso habitual é que esta acta se aprobe na asemblea xeral ordinaria (prevista para xaneiro) pero o secretario da Asociación, xunto coa directiva ao completo, prefiren compartir xa esta información, para que sexa aprobada na asemblea extraordinaria do próximo sábado, diante do inminente cambio de Xunta Directiva, que comporta cambio de secretario.
Xoán Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Renatur_Outes
Xoan Mariño - 15/04/2023
|
|
Estimados/as socios/as:
Beatriz Noya Mariño, Coordinadora do proxecto Renatur_Outes,que ten como obxectivo renaturalizar o tramo fluvial do río Tins ó seu paso por Outes,
achéganos o convite para a primeira xornada de voluntariado medioambiental do Proxecto, o próximo sábado 15 de abril, na que se plantarán 50
ameneiros (Alnus glutinosa) á carón do río Tins, zona do paseo fluvial, e se procederá á identificación de especies exóticas invasoras para a súa
eliminación en xornadas posteriores.
Todos os detalles sobre a xornada e para formalizar a inscripción, no cartaz adxunto a esta mensaxe.
Estaríamos agradecidos de contar coa vosa participación e tamén coa colaboración para difundir esta actividade.
un cordial saúdo!
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
[...]
|
Ler máis...
|
|
Asemblea Xeral EXTRAORDINARIA
Xoán X. Mariño - 22/03/2023
|
|
Convocamos a través deste medio á vindeira Asemblea Xeral EXTRAORDINARIA da nosa asociación, que terá lugar o sábado 22 de abril de 2023, ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e 12:30 horas, en segunda convocatoria. A asemblea terá lugar no novo local social do Cruceiro de Roo (antiga escola Emilio Navasqüés),
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
[...]
|
Ler máis...
|
|
|
|
|