Benvido á Asociación Terra de Outes

 

 

Dende o colectivo de membros da Asociación Terra de Outes dámoslle a benvida ó noso portal e agradecemoslle o seu interese na nosa actividade.

 

Os nosos obxectivos son reaccionar diante de calqueira alarma medioambiental ou demanda de dereitos e libertades sociais, ademais de actuar na dinamización da vida cultural de Outes ou a protección do patrimonio histórico e etnográfico. 

> A nosa historia <

 

 

 

 

 

   Novas - Sala de prensa

   Galería de fotos

   Facebook - Redes sociais

   Contacta con nosco

   Os nosos datos no teu móvil

 

 

 

PUBLICACIÓNS

Revista Terra de Outes

 

Xa está a venda nas librarías e nos quioscos dos concellos de Outes e Noia, o nº 66 da revista TERRA DE OUTES, ao prezo como sempre de 1 euro.

 

Podes visitar os números anteriores da nosa revista aquí.

 

 

 

 

 


 

Outras publicacións

As publicacións máis recentes da asociación son:

  • Caderno "O "sancosmeiro", historia dun chapeu que merece ser revisada", de Luís do Río.

 

  • Serie "Os hórreos de Outes", de Xoán Mariño. Levamos publicados dous libros desta colección:

 

  1. Os hórreos de Cando.
  2. Os hórreos de San Ourente.
  3. Os hórreos de San Cosme.

 

 



 

Lugares de distribución das publicacións:

 

Revista trimestral:

  • Outes: Libreria Pimpiniño e Kiosko Vicente.
  • Noia: Kiosko Alameda, Kiosko Maruxa, Libreria Loroño e Libreria Blanco.
 

Libros:

  • Outes: Libreria Pimpiniño.
  • Noia: Libreria Sementeira, Libreria Loroño e Libreria Blanco.
 

GRUPO DE TEATRO DA ASOCIACIÓN TERRA DE OUTES

 

O grupo de teatro da Asociación Cívico Cultural “Terra de Outes” do concello de Outes naceu en xaneiro de 2023, despois dunha proposta de dúas persoas veciñas do concello, membros da asociación e participantes doutros colectivos teatrais, vendo a eiva cultural no campo da escena teatral no concello e co afán de construir unha nova ferramenta de atracción dinamizadora e unificadora da vida cultural, e non só, do concello de Outes.

 

Tentamos, desde un primeiro momento, recadar e involucrar toda a xente posíbel do propio concello, acadando ao final unha alta porcentaxe de participación local.

 

 

 

TERRA DE OUTES E O PATRIMONIO MARÍTIMO

MAR DE OUTES

 

Desde que no ano 2013, Terra de Outes organizara o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no Freixo, as actividades na promoción e defensa do noso patrimonio marítimo non pararon de medrar. E as embarcacións das que se fai cargo a asociación tampouco; na actualidade contamos con 5: o bote de Noia Langaño, a buceta Támara, dúas dornas e a canoa Donas.

 

Case todos os anos, organizamos un curso de vela tradicional no que poden participar todas aquelas persoas interesadas e nos meses de maio e xuño, damos a coñecer as nosas embarcacións e a nosa ría aos escolares da comarca, sempre en colaboración coa nosa asociación irmá "Mar de Muros" e o Concello de Outes dentro do programa da Xunta "Xogando coa auga e o vento".

 

Tamén damos acoñecer o noso patrimonio marítimo e o noso concello en encontros de embarcacións tanto en Galicia como noutras comunidades (Euskadi, Murcia) e mesmo en Portugal, viaxando sempre que podemos co Langaño e a Támara.

 

Na actualidade estamos embarcados nun proxecto de dinamización do Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira do estaleiro de Broña coa finalidade de enriquecelo creando un museo “vivo” adicado a mostrar (tamén) as técnicas empregadas no mantemento e construción de embarcacións de madeira de tipoloxías tradicionais.

 

 

Bicentenario do Poeta Francisco Anhon

 

En outubro de 2012 cumpríronse 200 anos do nacemento de Francisco Añón, a personalidade máis ilustre, querida e respectada por todos os outenses que oíron aos seus maiores referirse a el cun ton de auténtica reverencia, por ver na súa obra poética a expresión máis lograda tanto da beleza da terra que nos veu nacer como da nosa forma de ser, de relacionarnos co entorno e cos demais.

 

Por este motivo o 2012 estivo cheo de actos conmemorativos para homenaxear ó Poeta Anón no que foi chamado "O ano de Añón"



 

 

Video de presentación do Curso Poeta Añón - Eirado TVG 6/10/2012

 

 

  Terra de Outes-Bicentenario Poeta Añón 1812-2012

 

 

 

Francisco Añón. O Poeta na memoria das xentes de Outes 

 

 

 

 

 

 

 

 

-- 

Logo Terra de Outes

Terra de Outes

Local social parroquia de Outes, s/n. C.P. 15239, Outes (A Coruña)
Tlf:  (+34) 634 416 574